Nós

Acerca de Galileo Nenos
  • deseñamos xogos orixinais cheos de vida e historia

    Galileo Nenos nace no 2012. Dende entón dedicámonos con paixón e empeño a ofrecer xogos innovadores e divertidos a un público de todas as idades.

    Mesturando tradición e modernidade, deseñamos xogos orixinais, cheos de vida e historia, que permiten a nenos e adultos sumerxirse no mundo fantástico da imaxinación. A través dun intenso proceso de desenvolvemento e investigación desexamos que todos os produtos Galileo Nenos vos transmitan agarimo, ilusión e inocencia.

    A seguridade e a calidade son para nós fundamentais, así que todos os nosos produtos estás certificados polos organismos de control europeos no respecto ás normativas de seguridade do xoguete e son producidos en instalacións controladas, de alta calidade, con materias primas reciclables e respectuosas co medio.

    Finalmente en Galileo Nenos damos moita importancia a ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo, por iso creamos un sistema de distribución que nos permite abastecer aos puntos de venda que temos en toda España con facilidade e rapidez, ademais de chegar ata clientes de todo o mundo enviando directamente os produtos ás súas casas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.