A Concellaría de Educación e Cidadanía anima as familias compostelás a adquirir xogos educativos en galego neste Nadal

15 Decembro, 2015

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá os 7 xogos e xoguetes en galego que as familias poden adquirir nestas festas de Nadal.

A iniciativa parte dun italiano, Guido Leboroni, asentado en Galicia e que os distribúe a través do enderezo www.galileonenos.com e das librerías Pedreira, Couceiro, A Casa do Deán e Caprichos. O obxectivo da iniciativa pasa por “promover o xoguete pacífico, non violento, non sexista e non sofisticado, ofrecendo unha alternativa en lingua galega ao que se adoita atopar no mercado”, segundo explicou o concelleiro Manuel Dios.

Este tipo de xoguetes divulgaranse nas escolas infantís da cidade, no programa Apego e no programa de conciliación de Nadal, que comeza o vindeiro luns nos centros de Fontiñas e Raíña Fabiola. O encargado deste programa, Guido Leboroni, explicou que a iniciativa partiu “da falta de produtos infantís en galego ou de Galicia entre os pequenos e pequenas de 3 a 6 anos”. Asegura que se deu de conta de que “os nenos e nenas galegofalantes na escola e na casa cambiaban o idioma ao xogar con outros rapaces”, algo que quixo mudar.

Os xoguetes supoñen unha alternativa económica para os pais e nais e distribuiranse na web de Galileo Nenos e nas devanditas catro librerías da cidade. Os xogos que se poden adquirir son os peluches da pita de Mos e da ovella galega, un puzzle, a escola de escritura con Xabarín (3-6 anos), Super Vista, Crebacabezas de Galicia e o xogo de mesa Peregrinus.

Trátase da cuarta campaña de Nadal que Galileo Nenos traballa con este tipo de xoguetes galegos.

Ver o Concello de Santiago
Ver El Correo Gallego

Peregrinus na Feira do Libro de FrankfurtPensando En Ti de Marcial Mouzo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
%d bloggers like this: