Crebacabezas de Galicia

Crebacabezas de Galicia

Un colorado crebacabezas de 350 pezas que mostra xeografía, monumentos e parques naturais de Galicia.

IDADE ACONSELLADA:

3-99 anos

CAMPOS DE APRENDIZAXE:

  • Os crebacabezas axudan a desenvolver as destrezas manuais e a capacidade de observación.

IDIOMA:

  • Galego
  • Castelán
  • Inglés

CONTIDO:

  • Crebacabezas de 48,5×33,5 cm
SKU: GN0002 Categoría:
Descrición do producto

Galicia é un paraíso. Un tesouro agochado. Este anaquiño de terra no noroeste de España namora a todos os que saben dela.

Ríos, rías e praias, monumentos, flora e fauna, a inmensa riqueza de Galicia e da súa xente, as súas cidades e as súas aldeas. Lugares cheos de historias e lendas. Tradicións ancestrais.

Con este crebacabezas amosamos algunha destas xoias e deixamos lugar á curiosidade do neno e do adulto para que sigan indagando e afondando nesta terra dun xeito lúdico.

Ademais, ao compoñer as pezas, irán descubrindo Galicia. A calidade dos materiais utilizados e a exclusiva técnica de impresión dá lugar a marabillosas imaxes, rechamantes e luminosas para un enredo que non remata nunca!

Carriño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies